Reciclomanía

RELOFLOR



Ola de novo a tod@s!!

Hoxe teño algo novo que ensinarvos! Trátase dunha "flor-reloxo". 


Os materiais empregados para facer esta simulación de flor-reloxo son:

- 2 tapacubos 
- 2 botes de spray
- 2 tubos e unha xunta para unilos
- Números de goma eva
- 2 bridas de cor verde
-Unha tesoira

Comezamos co proceso, neste caso moi sinxelo:

O primeiro foi atopar os 2 tapacubos e decidir de que cor pintalo. No meu caso elexín rosa e verde. E comecei a pintalos, un todo de rosa e o outro alternando as dúas cores.










O segundo paso é elexir o soporte para suxeitat os 2 tapacubos e cal dos dous fará de reloxo, no meu caso o rosa será o reloxo polo que peguei nel os números. Para o soporte eu elexín dous tubos e un empate que atopei entre cousas que xa non servían, pero de non ter ese empate, pódese empatar con cinta ou calquer elemento que pegue.





















Por último solo nos queda facer un burato no medio do reloxo para meter duas bridas que simularán as agullas e despois colocar todo. No meu caso o rosa é o reloxo e a cima da flor, e o de duas cores é outra flor que brotou más abaixo. Tras todos os pasos o resultado obtido é este: 










Isto para facer na aula é algo máis complicado, pero aínda así coa axuda do mestre e colaboración de todos sempre é posible.

Podemos empregar esta flor para traballar diversas cousas como poden ser:

-As partes da flor, incluso podemos facer con cartulina unha folla e pegala o talo da flor.
-As horas é outra das cousas, as agullas móvense en toda á redor, polo que podemos ir ensinando as horas. 
-Pódense traballar as cores.
-Outro uso que se me ocorre é na flor verde e rosa podemos poñer os puntos cardinais e utilizar para traballar con eles.

Tamén se podería emplear unicamente como decoración para a estación da primavera, pegándolle insectos ou facer moitas e formar un xardín. Ou si no colexio existe un xardín poñelo como decoración.

Animádevos a facer diferentes modelos, queda moi bonito!


Comentarios