Globilandia


Globestático

Benvidos ao meu blog!

Hoxe vouvos explicar como facer un globo aerostático decorativo. Trátase dunha maqueta con distintos volúmenes.





Os materiais que se necesitan para realizalo son:

-Unha bombilla (tamaño a elexir cada un o que máis conveña)
-Un vaso de plástico pequeniño (dun xarabe)
-Diversos elementos para decorar
-Fieltro
-Fíos
-Psicaflex
-Tempera
-Letras de fieltro
-Tesoira

A primeira cousa é recortar o fieltro, como a bombilla ten unha superficie formada por unha esfera, unha escocia, un cilindo e un toro, temos que recortar o fieltro en forma de huso para cubrir a esfera e en forma de rectángulo para cubrir o cilindro. Cortaremos tantos trozos iguais como nos sexan necesarios para cubrir toda a superficie.






A continuación procederemos a pegar, con psicaflex, todos os trozos recortados ata cubrir toda a superficie.























O seguinte que debemos facer é pintar da cor que queiramos, eu neste caso elexín rosa, o vaso de plástico, que será a cesta do globo e a rosca da bombilla.

















Aprobeitamos mentres seca o vaso para ir pegando os elementos que decorarán a nosa bombilla, que será o noso globo.










Por último con un fío colgamos o vaso da bombilla, para elo empregaremos unha agulla e fío, cosemos o fío ao fieltro e logo facemos un burato no vaso e atamos, así xa queda colgante.










Con esta maqueta de creacción propia poderemos traballar o volumen, as texturas ( xa que cada componente ten unha textura distinda, e incluso poderíamos empregar máis texturas diferentes, decorando con outras cousas). 
A distinción de cores é outra das cousas que se poderían traballar con isto.
Recoñecer diferentes formas xeométricas.
Incluso metendo un cascabel na cesta (que sería o vaso)descubrir sonidos.

Trátase dunha creacción moi sinxela, que con axuda do mestre ou mestra no caso da aula os nenos e nenas poderían elaboralo sen moita dificultade. Neste caso poderían empregar outros materiais para poder traballar outras texturas, por exemplo cubrir a superficie de cartulina, de plástico ou de papel rugoso, ou cada alumno un material distinto, para así experimentar mediante o tacto as diversas texturas.
O mesmo se pode facer na casa coa axuda dos pais ou de irmáns maiores.

Animádevos e xa veredes que momento tan bonito pasades!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Reciclomanía